Programación
¡Estás en boas mans! 👩🌾
Coñece ás persoas encargadas de amenizar o festival con obradoiros e faladoiros sobre o mundo verde.
@HUERTELIA
Elia
É unha apaixonada da horta ecolóxica, Huertelia comparte contidos prácticos e entretidos sobre cultivo, sustentabilidade e vida no rural.
Se che gusta aprender a cultivar os teus propios alimentos dun xeito sinxelo e natural, esta creadora é unha referencia imprescindible para conectar coa terra 🌱
@nuskachousa
Nuska Chousa
Coñecida polo seu amor á horta e á tradición galega, Nuska Chousa crea contidos cheos de humor, natureza e gastronomía do país.
Se queres aprender trucos para hortelar, conectar coa terra e botar unhas risas polo camiño, non lle perdas a pista a esta creadora galega.
@nosa_granxa
Sandra
Coñecidos pola súa aposta pola vida no rural galego, Nosa Granxa comparte o día a día entre horta, animais e moito humor con esencia de aldea. 🚜🐑
Se che gusta o rural auténtico, aprender sobre autosuficiencia e rir coas pequenas aventuras do campo, ¡esta conta é para ti!
@cultivo_gallego
Aitor
Cultivo Gallego é un proxecto que aposta pola agricultura sostible, a formación no rural e a produción ecolóxica.
Basado no cultivo biointensivo e alimentación saudable, demostra que innovación e tradición poden ir da man 🥦
@PLANTATE.ES
Plántate
Promotoras do evento, amantes das plantas, coleccionistas e coñecidas polo seu proxecto Plántate: Tenda online, obradoiros e todo tipo de servizos arredor das plantas e a decoración en interiores.
MÚSICA, PLANTAS E DIVERSIÓN
Un festival único en Galicia que celebra a conexión entre as persoas, as plantas e a contorna. Un punto de encontro donde os amantes das plantas disfrutaredes dun evento cheo de experiencias.
Un espazo para toda a comunidade no que haberá música e actividades para adultos, nenos e nenas. Poderás coñecer o mundo verde arredor da creatividade,
sostibilidade e con alma local.
OBRADOIROS - MERCADO - FALADOIROS
MÚSICA & BÓ ROLLO
📍 Alameda de Pontevedra
📅 Sábado 23 de Maio 2026
🕔 De 12 a 21h